Candela volve a Soutelo de Montes para afondar no retrato fotográfico feito por Virxilio Viétez no século XX. Mergullada nas súas fotografías, descobre as historias persoais de tres veciños que dan vida a un retrato íntimo, rescatando a memoria colectiva nun viaxe polo paso do tempo e as transformacións dunha comunidade rural.